viernes, 4 de enero de 2013
Bieito Romero, el recuerdo de los gaiteros gallegos de A Fonsagrada
Por Bieito Romero, gaiteiro de Luar Na Lubre -
A primeira vez que cheguei á Fonsagrada, aló polos anos 80, coa idea de coñecer algo da súa etnografía e música, topeime, despois dunha serie de carambolas, con Emilio do "Pando", tocador de birimbao, gaiteiro e carteiro no concello. El non só me tratou sempre moi ben senón que ademais deume a coñecer tantos gaiteiros tradicionais que non se daban contado, e cada un que ia coñecendo tocaba mellor que o outro: Sergio de Veiga de Logares, Manuel de Santa Xuliana, Emilio Fernadez, Xusto de Pacios, Ramón da Chiculateira......... E tamén a Xosé Marentes, co que compartín momentos en diferentes xuntanzas tanto en Galicia como en Asturias.
Incluso, o propio Xosé con Pando e con Manuel de Sta. Xuliana participaron na nosa longametraxe musical "Un Bosque De Músicas" dirixida por Ignacio Vilar na que estamos tocando unha peza nunha "Cova" do viño en Valdeorras. O día de fin de ano "Pando" díxome que Xosé Marentes morrera e deume unha grande pena. Vaise un dos grandes da gaita, un dos grandes da nosa música tradicional, un home excepcional dos que día a día imos perdendo, e con eles morre tamén un anaquiño máis da nosa identidade. D.E.P. e que o ceo dos gaiteiros te acolla como realmente te mereces, MESTRE!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario