Especial para La Región de Orense
Toponimias curiosas
Conducía o outro día de Negreira a Muxía e vin un letreiro cun nome que me chamou a atención: “A Piolla”. Imaxinan?: De onde es? Da Piolla. E cando aínda ía sorrindo, cruzamos outra aldea sobre a estrada con outro nome raro: “Antes”. E ti de onde es? Eu son dos de Antes. E por tales nomes veume á cabeza que a toponimia galega é unha das máis ricas do globo. Porque aquí a poboación vívelles, desde que o mundo é mundo, tan esparexida como saben. Tal que parece que a moda de apertarse nas cidades non está tecida de vello. “Tal”, por certo, é outro nome curioso dunha aldea e parroquia (Santiago de Tal) entre Noia e Muros.
As entidades de poboación galegas –lugares, aldeas, vilas...- veñen sendo unhas trinta e bastantes mil. Delas moitas repiten nome –tipo Castro, Vila, Vilar...-, outras repeticións son menos coñecidas –varios Vigo, Xinzo, Ferrol, Lugo, Coruña, Pontevedra...- e hai os que non se repiten nunca, como Ourense.
Esta inmensa riqueza non sei para que serve, pero si que nos vale para saber de nós, dos estratos históricos da nosa poboación, das xeografías físicas, humanas e de flora e fauna... Pero tamén para sorrir.
O nome de aldea máis raro que me topei foi “Sexo”. Pouco despois de Melide indo para Coruña está o letreiro que sinala por onde se vai a onde o mundo se chama Sexo. Ollo, léano co x de xamón, e non co son ks de éxito, inexistente no galego popular. Supoño que será un apócope raro dun Seixo. Non lonxe temos unha das varias aldeas, en altos, que se chaman “Golán” e que non están en disputa. En terras ferrolás está “Franza”, e en pontevedresas a nosa pequeneira e pacífica “Servia”, bastante afastadas ambas de “Ceilán”, do de Negreira ou do de Noia. E non nos poñamos exquisitos que en “Miño” –poucos sitios máis lonxe en Galicia do noso río que esas terras do norte- hai unha aldea que se chama “Carantoña”, que debería ser de xente melosa. Ou non. Porque os nomes enganan. En “Córneas” –hai varias- non todos son oftalmólogos; en “Amear” –hai varios- non todos padecen incontinencia; e en “Reza” –hai varias- non todos son especialmente relixiosos. O primeiro, Córneas, cunha raíz corn- ten que ver con lugares elevados e agrestes, o segundo con construcións con ameas, como os castelos, e o terceiro, co plural das redes romanas. Tampouco nos innumerables “Mato” ou nos evocadores “Matelo”, non son asasinos, nin nos “Pena” andan tristes. Claro que en “Grifa”, Pontevedra, tampouco andan especialmente fumados, nin en “Oín” son duros de orella. Tampouco, por desgraza, “Lea”, polas terras de Riomil, non invoca ao pracer da lectura senón parece máis lembranza dunha pelexa.
En fin, que coa normalización toponímica perdemos tamén algún disparate simpático. O lugar de A Eirexe, de Vilarnaz, Gustei, castelanizado foi (no MTN 1:50.000) como “Alegrese”. Imaxínome un topógrafo de borceguíns da parte de Castela preguntándolle a un paisano de chancas o nome do sitio. A resposta para el inintelixible de “Aeirexe”... sería interpretada libremente polo técnico, e preguntaría Alégrese? O paisano, a quen tanto lle tería o que puxese o señor aquel nos papeis, seguro que lle diría: si, si. Así como di vostede, como di vostede. E tal quedou. Uns anos. Agora xa non.

No hay comentarios:
Publicar un comentario